O xurado dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura, que convocan as delegacións do Colexio de Arquitectos de Vigo, Pontevedra e Ourense, daba a coñecer o 9 de novembro o fallo desta edición. Unha quincena de proxectos foron recoñecidos entre os 69 que se presentaron a concurso. No seu fallo, o comité quixo "resaltar o bo facer dos arquitectos e demais axentes que os acompañaron durante todo o proceso para acadar a calidade da que gozan todas as candidaturas".
O acondicionamento da Esplanada do Horizonte no Rosal, a rehabilitación do edificio dos novos xulgados de Tui, a do convento de San Francisco de Ourense como Arquivo Histórico, o workspace OCHD de Vigo ou o edifico da universidade OlÃvica no Berbés foron algunhas das obras recoñecidas no certame. O web do COAG achega cumprida información e fotografÃas dos traballos galardoados.