As delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectos fixeron público o fallo dos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2022. Trátase de dezaseis obras (7 na área de Vigo, 6 na de Pontevedra e 3 na de Ourense) que premian "o labor conxunto de todos os axentes que interveñen no proceso de xestación e construción dunha arquitectura de calidade". Os proxectos premiados abranguen diferentes ámbitos: desde reformas, construcións de vivendas, rehabilitacións ou intervencións en espazos e edificios públicos.
Escolma de obras premiadas:
Textos explicativos a cargo do xurado do premio
Reconstrución de vivenda afectada pola explosión de Paramos (Tui)
Jorge EnrÃquez Méndez e Adrián Pinaque Alvite
Por tratarse dun proxecto de reconstrución de vivenda exemplar que nun ámbito catastrófico e repentinamente carente de referencias de identidade próxima e nunha parcela de morfoloxÃa e topografÃa complexas resolve con destacada habilidade todo o seu programa funcional, ofrecendo espazos á privacidade, e garantindo plena accesibilidade. Todo a través dunha estratexia de descomposición de volumes e uso intelixente das rampas, creando unha arquitectura de referencia e ligada á tradición.
Reforma e ampliación de vivenda unifamiliar illada con garaxe, pérgola e piscina (Gondomar)
Antonio Soliño Troncoso
Por tratarse dun exemplo perfecto de intervención de rehabilitación e ampliación de vivenda nun ámbito rural, no que se consegue a perfecta harmonÃa e transición volumétrica entre a construción preexistente tradicional e os novos volumes, de acento intencionadamente contemporáneo.
Rehabilitación e ampliación de edificio para dúas vivendas, dúplex e garaxe (Vigo)
Javier Couto Granja
Por tratarse dun perfecto exercicio de incorporación da contemporaneidade arquitectónica
nunha rehabilitación situada nun ámbito de especial protección.
Vivenda unifamiliar (Soutoverde. Celanova)
Manuel Jorreto DÃaz
Pola acertada execución dunha envolvente que conxuga o deseño dos detalles estratéxicos dunha vivenda pasiva de consumo enerxético case nulo cunha distribución interior polivalente e limpa, mostrando especial coidado pola integración no territorio e o respecto polos espazos exteriores.
Horta e invernadoiro en Culler de Pau (O Grove)
Faustino Patiño Cambeiro e Juan Ignacio Prieto López (Prieto Patiño Arquitectura)
Pola integridade da actuación en termos de produtividade, deseño e adecuación ao entorno. Valórase o xeito multiescalar no cal, invernadoiro, parterres, percorridos e sistemas de xestión da auga se adecúan ao programa solicitado sen distorsionar a paisaxe.
Reurbanización Praza Bugallal (Ponteareas)
Abalo Alonso Arquitectos: Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso
Polo xeito orgánico no cal se xera unha praza que responde a unhas necesidades programáticas complexas e polo modo no que se establecen lazos entre a contemporaneidade e a tradición sen a perda de identidade do lugar.