
Segundo destacou Enrique Cerezo, presidente de EGEDA, "este recoñecemento, o máximo que a Entidade de Xestión outorga a unha personalidade fundamental para o desenvolvemento do sector da produción, responde ao relevante papel que Emma Lustres desempeñou ao facer posible algúns dos tÃtulos máis memorables da nosa cinematografÃa recente. A súa atrevida aposta por producións de gran relevancia e calidade e a súa clara visión de futuro ao participar na fundación da exitosa produtora Vaca Films demostran o talento e a brillantez dunha muller que soubo erixir como unha das grandes figuras que pasarán á memoria do audiovisual español".
A destacada traxectoria de Vaca Films desde a súa fundación en 2003, co posterior desenvolvemento de propostas como Vaca TV, Vaca Net TV e Vaca Docs, destinadas a desenvolver contido para plataformas, amosou o potencial de internacionalización do audiovisual do Estado. TÃtulos como Cien años de perdón, de Daniel Calparsoro; El desconocido, de Dani de la Torre; Celda 211 e El niño de Daniel Monzón; ou Quien a hierro mata de Paco Plaza, ademais de diferentes documentais dan conta do traballo desta firma. Segundo apunta EGEDA "as súas producións recadaron máis de 50 millóns de euros nas salas de cine en España e distribuÃronse por todo o mundo a través das principais plataformas" audiovisuais.
Canda a isto, o galardón valora que Lustres "compartiu o seu compromiso pola defensa dos dereitos do produtor, un cometido que a produtora demostrou formando parte das xuntas directivas de distintas institucións na defensa do audiovisual. A súa actividade na defensa da figura do produtor convértea nun exemplo a reivindicar" polo sector.





