María Vázquez candidata ao Premio Forqué por 'Matria'

Lois Patiño con 'Samsara' está nomeado como Mellor Longametraxe Documental

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
María Vázquez nun fotograma de Matria

María Vázquez nun fotograma de Matria

A 29ª edición dos Premios José María Forqué convocados pola Entidad de Gestión de los Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA) ven de dar a coñecer a lista de nomeados aos seus galardóns e entre lese están presentes algunhas das achegas feitas desde o audiovisual galego. Na lista curta, xurdida das votacións de máis de dous mil seiscentos produtores audiovisuais, centros educativos e profesionais de medios de comunicación especializados, aparece a actriz María Vázquez, como candidata ao Premio a Mellor Interpretación Feminina polo seu papel en Matria, o filme de Álvaro Gago. A outra presenza galega destacada nesta lista finalista é a de Lois Patiño que con 'Samsara' entra entre as catro finalistas ao premio a Mellor Longametraxe Documental, no que competiron 90 cintas este ano. Ademais deles, a segunda tempada da serie Rapa (Portocabo e Movistar +), filmada en Galicia e con numeroso elenco galego, entrou tamén entre as producións finalistas do Premio a Mellor Serie. Os gañadores desta 29ª edición dos Premios Forqué daranse a coñecer o vindeiro 16 de decembro no Palacio Municipal Ifema Madrid.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Vázquez, Matria, Lois Patiño, Documental...