As candidaturas finalistas da vixésimo segunda edición dos Premios Mestre Mateo da Academia galega do Audiovisual, escollidas de entre as 173 producións e 493 profesionais que se inscribiron, presentan un listado no que uns poucos títulos acada moita presenza. A serie de televisión 'Rapa', producida por Portocabo e Movistar+ sitúase na cabeza con ata 16 candidaturas, tras dela séguenlle catro longametraxes cinematográficas entre as que 'O Corno' e Matria son as máis recoñecidas pero tamén destacan 'Salta!' e Fatum. As catro películas finalistas a Mellor longametraxe acaparan 40 candidaturas: 'O corno' con 14, 'Matria' con 12, '¡Salta!' con 9 e 'Fatum' con 5, entre elas as de Mellor dirección para Jaione Camborda, Álvaro Gago, Olga Osorio e Juan Galiñanes. Lucía Veiga e Denís Gómez anunciaron onte as candidaturas finalistas, nun acto celebrado no museo MEGA. As premiadas e premiados daranse a coñecer na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado 23 de marzo no Coliseum da Coruña.
As cinco producións que se nomearán máis
Con este listado, ao longo da gala deste ano cinco serán os nomes que máis se repitan desde o atril: 'Rapa', 'O Corno', Matria, Fatum e 'Salta!'. A serie 'Rapa' encara a recta final dos premios sendo a máis votada polas académicas e académicos, con 16 candidaturas, empezando pola de Mellor serie de TV, onde compite con outro traballo da produtora Portocabo 'Os argonautas e a moeda de ouro', e con 'Motel Valkirias' de CTV e 'Saudade de ti' de Voz Audiovisual, ámbalas dúas emitidas por TVG. 'Rapa' tamén coloca a seis dos seus intérpretes como finalistas nas categorías de interpretación: Iolanda Muíños, Melania Cruz e Federico Pérez Rey en papeis de reparto e Mónica López, Javier Cámara e Darío Loureiro nos papeis protagonistas. Pola súa banda, 'Matria' obtén catro candidaturas: para a súa actriz protagonista, María Vázquez, e para Susana Sampedro, como actriz de reparto, así como para Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán" e Santi Prego como actores de reparto. Pola súa banda 'O corno' conta con tres finalistas de interpretación: Carla Rivas e Diego Anido en papeis de reparto e Janet Novás como protagonista do filme dirixido por Jaione Camborda. Completan o listado o gañador do Mestre Mateo á Mellor interpretación masculina protagonista en 2023, Tamar Novas, polo seu papel en '¡Salta!' e recunca unha vez mais nos finalistas dos Mestre Mateo Luis Tosar, polo seu traballo en 'Fatum', de Vaca Films. A actriz Lidia Veiga terá un dobre protagonismo na gala deste ano, ao ser co presentadora do espectáculo e optar a premio polo seu papel protagonista no filme 'Canto toco un animal'.
Outros títulos na procura de galardóns
Sete curtametraxes, cinco de imaxe real e catro de animación, foron seleccionadas como finalistas. 'Antes de que se poña o sol', 'Nena', 'O coidado', 'O neno sardiña' e 'Ulises' competirán polo trofeo que as acredite como Mellor curtametraxe de imaxe real. Pola súa banda, 'Illa cordura', 'In half', 'O monstro e a nena' e 'To bird or not to bird' competirán polo Mestre Mateo á Mellor curtametraxe de animación. Na categoría de Mellor programa, atopamos ao vencedor na pasada edición dos Mestre Mateo, 'Cinephilia' emitido por Telemiño. Simone Saibene é finalista a Mellor comunicador e Mellor realización por este programa. Acompáñano 'Clac' da TVG, tamén finalista na categoría de Mellor realización co traballo de Natalia López; 'O gran camiño. Grandes rutas a pé do mundo' comparte candidatura finalista a Mellor realización para Alba Prol, Raúl García e Jairo Iglesias; e 'Cos pés na terra' de Filmax-Producións A Fonsagrada. Gerardo Rodríguez completa as candidaturas a Mellor Realización polo programa 'Malicia Noticias' que tamén obtén unha candidatura para Lucía Veiga a Mellor comunicadora, categoría na que tamén optan a premio Juan Fuentes polo magacín 'Quen anda aí?' e Paco Lodeiro polo concurso 'Atrápame se podes'. As candidatas a seren recoñecidas como Mellor documental son 'A viaxe de Lucy', 'Chichi e máis eu', 'Emoción, vida y teatro-A nave das Marías' e 'Os espazos en branco', mentres que na categoría de Mellor anuncio publicitario atopamos 'Arde Lvcvs MMXXIII', 'Chama á miña neta', 'Gracias' e 'Heather Small-Las estrellas del camino'.
A música que aspira a premios
A música estará de novo moi presente nos premios do audiovisual galego grazas á categoría de música orixinal e tamén á de mellor videoclip. Entre os finalistas nas categorías de música orixinal son finalistas Camilo Sanabria, compositor da banda sonora orixinal de 'O corno'; Manuel Riveiro por '¡Salta!'; Santi Jul e Iván Laxe por 'Os argonautas e a moeda de ouro' e Xavi Font polo seu traballo en 'Rapa'. No caso das candidatas a mellor videoclip, os finalistas presentan traballos de tres das formacións punteiras da música en galego máis actual como son: 'A pequena morte' de Caamaño & Ameixeiras, 'Fai tempo' de The Rapants e 'Ruando Crónicas d'Ardén-cap 2' de Mondra. Ademais entra tamén o traballo videográfico realizado para o himno do centnario do RC Celta de Vigo co tema 'Oliveira dos cen anos' do popular C. Tangana, músico madrileño de ascendencia viguesa. Completan as candidaturas desta vixésimo segunda edición dos premios, as finalistas nas categorías de Mellor serie web e Mellor videoclip. Na categoría de serie web compiten dous traballos de ficción, o multipremiada 'A arte de ser mal pai' e 'Terapia de', un de animación, 'Bechos', e un documental, 'Nosoutras, as mulleres da revista Nós', proxecto de Nós TV.