O actor lucense Luis Tosar, xunto coa actriz Anna Castillo, foron os encargados de dar a coñecer hoxe aos nomeados desta 38ª edición dos Premios Goya do cine español, entre eles o audiovisual galego foi quen de poñer este ano algúns nomes que agora optan levar os galardóns en varias categorías. Destacan os dous nomeamentosdo filme 'Matria', un para o realizador Álvaro Gago na categoría de Mellor Dirección Novel e outro para María Vázquez, que grazas á súa interpretación entre na lista de nomeadas a Mellor Actriz do cine español este ano. Tamén no traballo de interpretación esta lista deixa un recoñecemento ao inclúir na lista de nomeadas a Mellor Actriz Revelación a Janet Novás, debutante no filme 'O Corno' como protagonista. A presenza galega entre os nomeamentos inclúe tamén ao músico Xoel López pola canción orixinal 'Eco' para a película 'Amigos hasta la muerte', do grovense Javier Veiga. Finalmente no apartado de Mellor Película de Animación, aparece entre os nomeados o filme 'El sueño de la sultana', unha produción na que participa a empresa galega Abano Producións, que tamén es´ta detrás da curtametraxe de animación 'To bir or not to bird', nomeada na súa categoría. Os galardóns entregaranse o vindeiro 10 de febreiro de 2024 en Valladolid.