
A produtora Chelo Loureiro (Ferrol, 1958) subiu ao escenario dos Goya a recoller un premio por terceiro ano consecutivo, sumando xa catro no seu traballo co cine de animación, tres como produtora e un como directora. Neste caso foi grazas a 'To bird or noto to bird', escrita e dirixida polo director coruñés MartÃn Romero. O filme acadou o premio a Mellor Curtametraxe de Animación de este ano nos Premios Goya. O que é primeiro galardón para Romero como director, é o terceiro para Loureiro como produtora, a través da súa empresa Abano Producións xa é unha referencia na animación en España e internacional. Asà o demostran anteriores traballos galardoados do realizador Alberto Vázquez como 'Decorado' (Goya a mellor curtametraxe de animación 2017) e 'Unicorn Wars' (Goya a Mellor Longametraxe de animación 2023) engadiron galardóns ao seu percorrido na produción, aos que hai que sumar o acadado como directora por 'Valentina' (Goya a Mellor Longametraxe de animación 2022).