Novo premio para a curtametraxe 'To bir or not to bird' en Benidorm

O filme do coruñés Martín Romero gañou o Mestre Mateo e o Goya de curtametraxes de animación

Tras do seu triunfal paso polos Premios Goya e os Premios Mestre Mateo, a curtametraxe "To bird or not to bird" ven de acadar un novo recoñecemento na oitava edición do Skyline Benidorm Film Festival. O filme escrito e dirixido polo director coruñés Martín Romero e producido por Chelo Loureiro (Abano Produccións) e Iván Miñambres (Uniko) recolleu o Premio a Mellor Curtametraxe de Animación. A película, que tamén pasou polo festival de Cannes, segue así o seu percorrido polos certames aumentando o seu palmarés, que conta con utros recoñecementos en diversos festivais nacionais, conformando a súa relevancia na produción de animación galega e español este ano. A historia da película ofrece , a través duns personaxes que son paxaros, unha ollada crítica e calidoscópica do mundo actual.