Alberto Vázquez leva ao Cartoon Movie o proxecto da súa nova longametraxe

A feira francesa acolle a presentación do filme 'Unicorn Wars' en fase desenvolvemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Unicorn Wars Fonte: Cartoon Movie

Fotograma de Unicorn Wars Fonte: Cartoon Movie

Unicorn Wars, a nova longametraxe de animación dirixida por Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) está de actualidade pola súa presenza na feira do audiovisual de animación Cartoon Movie. O evento, que se está a celebrar estes días na cidade francesa de Burdeos é o marco escollido para a presentación do proxecto en fase desenvolvemento deste filme para o que as súas produtoras buscaran apoios de mercado. Vázquez volve poñerse na dirección despois dos éxitos recollidos a nivel internacional co seu anterior longametraxe Psiconautas e coa curtametraxe Decorado polas que obtivo no mesmo ano os dous premios Goya en cada categoría e un Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe ademais dun enorme palmarés de galardóns no seu percorrido polo circuíto internacional de festivais. Unicorn Wars está producido en colaboración por catro empresas entre as que está Abano Producións, a produtora de Chelo Loureiro que ven de recoller o Premio Mestre Mateo pola obra de animación The Neverending Walls. Abano Producións, UniKo (España) e Autour de Minuit (Francia) recuncan con Vázquez, co que xa fixeran a produción de Decorado. En Unicorn Wars Alberto Vázquez coloca unha historia de amor fraternal nun escenario dun conflito bélico brutal e interminable entre dúas especies: os osiños e os unicornios.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Animación, Feira, Premios Goya...