Janet Novás recibe o Premio Nacional de Danza 2025 na modalidade de interpretación

O andaluz Guillermo Weickert recibe o da modalidade de creación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Janet Novás

Janet Novás

A artista galega Janet Novás (Porriño), canda o onubense Guillermo Weickert foron galardoados este xoves cos Premios Nacionais de Danza, dotados cada un con 30.000 euros. Novás ganou o galardón na modalidade de interpretación, e o xurado recoñeceu "a excelencia técnica e o gran magnetismo dos seus traballos". Novás é unha artista de importante traxectoria, traballando na compañía de Daniel Abreu e en Provisional Danza. No ano 2024 ganou o Goya á mellor actriz revelación polo seu papel en O corno, o filme de Jaione Camborda. Novás está traballando agora nunha xira coa obra Mercedes e máis eu en colaboración coa compositora Mercedes Peón.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Jaione Camborda, Mercedes Peón, O Corno...

Claves

Conceptos
Lugares