Iván Villar gaña o Premio MAX a mellor bailarín con Nova Galega de Danza

O artista foi recoñecido polo seu traballo no espectáculo 'Leira'

5/10/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: DanzaEspectáculos
101 lecturas | Compartido 0 veces

Iván Villar recolle o Premio MAX

O bailarín Iván Villar alzou onte a noite no Teatro Arriaga de Bilbao o galardón ao mellor intérprete masculino de danza de 2020 dos Premios MAX de Artes Escénicas en España. O bailarín de Nova Galega de Danza acadou este recoñecemento grazas ao seu traballo na montaxe 'Leira', da compañía, coa que aínda está facendo xira. O espectáculo acadara dúas posición finalistas nestes premios. A de mellor Intérprete masculino, que gañou Villar. E a de mellor espectáculod e danza, que finalmente foi para 'La Mort i la Donzella' del Institut Valencià de Cultura.
Iván Villar é natural de Brens (Cee) e estudiou danza clásica na escola El Taller e danza contemporánea en Pasos. Como profesional da danza, foi bailarín entre 1998 e ata o seu peche en 2005, do desaparecido Ballet Galego Rey de Viana, compañía pública galega de baile antecesora do Centro Coreográfico Galego, e nese último ano pasou a ser bailarín no Palacio da Ópera de A Coruña coa zarzuela 'Xigantes e cabezudos'. Como ensinante, desde 2001 a 2003 impartíu clases de Danza Tradicional na Universidade da Coruña e ata 2005 foi mestre de baile tradicional na Escola de Danza Falcatrueiros de Monterroso.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego