A Sociedade Xeral de Autores e Editores daba a coñecer este 5 de marzo as candidaturas aos Premios Max, principais galardóns estatais de artes escénicas. Nos proxectos seleccionados nesta primeira fase destaca a presenza de O auto do Castromil de Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego que foi seleccionado como unha das vinte e unha candidaturas a mellor espectáculo. Tamén Berro, de Nova Galega de Danza aspira a se facer co galardón ao mellor espectáculo de danza.
Mario G. Cortizo, pola súa banda, foi seleccionado como aspirante ao mellor espectáculo musical ou lÃrico polo seu traballo en Só un solo. O auto do Castromil ten tamén unha candidatura ao mellor deseño de iluminación polo traballo de Octavio Mas, e Berro opta a un segundo galardón polo labor de Jaime Pablo DÃaz como mellor intérprete de danza.
A produción do Centro Dramático Galego Un Hotel de primeira sobre o rÃo acumula candidaturas a mellor dirección de escena da man de MarÃa Torres e Gonçalo Guerreiro. O espectáculo tamén pode levar os premios a mellor deseño de vestiario polo labor de Carolina DÃguele e o de mellor deseño de iluminación co traballo de Nacho MartÃn. Ademais, Gonçalo Guerreiro conta cunha segunda designación como aspirante ao mellor deseño de espazo escénico.
Iribarne, de ButacaZero, valeulle a Lidia Veiga unha candidatura a mellor actriz e a Diego Vilar (Equipo Creativo RTA) outra ao mellor deseño de iluminación. Finalmente, Unha inimiga do pobo, de TalÃa Teatro, pode outorgarlle o premio á mellor adaptación ou versión de obra teatral ou coreográfica a Tito Asorey e Vanesa MartÃnez Sotelo.
Destas candidaturas iniciais seleccionarase unha listaxe de finalistas dos que sairá a selección de premios. A gala de entrega dos premios celebrarase o vindeiro 1 de xullo.