"Sei quen és", finalista ó premio José María Forqué á mellor película do ano

Última hora do cine

2/4/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A película é unha das seis seleccionadas para optar á sexta edición do prestixioso premio instituído pola EGEDA (Entidade de Xestión dos Dereitos dos Productores Audiovisuais). Onda a película galega, títulos coma "El Bola", "La comunidad" ou "You Are the One".

Destacado Premio

O premio José María Forqué instituíuse hai seis anos pola EGEDA para honra-la memoria dun dos nomes básicos da cinematografía española e promover a producción audiovisual no Estado. Neste sentido, cada ano premia a película máis valorada a nivel técnico e artístico polos socios da institución. O premio José María Forqué vanse consolidando ano a ano e a gala de entrega acda unha ampla cobertura mediática con transmisión televisiva, que nesta edición terá lugar a finais de maio.


Competencia

As películas que compiten con "Sei quen és" polo galardón son “El Bola”, “La Comunidad”, “La Espalda del Mundo”, “Leo” e “You Are the One”, todas elas cun amplo éxito de crítica e de público. En anos anteriores resultaron premiados filmes da altura de “Nadie Hablará de Nosotras Cuando Hayamos Muerto”, “Tesis”, “La Buena Estrella” ou “Barrio”.


A por outro

O feito de optar a este galardón súmase ós recoñecementos que xa obtivera esta producción galega, entre eles, a participación na Berlinale 2000 ou o premio á mellor película nos AGAPI ou o Goya á mellor banda sonora.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Berlinale, AGAPI, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)