As Torres Hedjuk acollen a instalación 'Phygital land' seleccionada do Encontro de Artistas Novos

A proposta da granadina Irene Molina combina as dimensións física e dixital

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou onte na Cidade da Cultura a instalación artística 'Phygital land, traducións do físico ao virtual', unha proposta da creadora granadina Irene Molina que foi seleccionada como gañadora entre...

Sete concertos e visitas guiadas compoñen o programa do novo Espazos Sonoros

O festival que leva concertos a contornas patrimoniais desenvólvese do 31 de agosto ao 4 de outubro

  • Co lema 'Escoitar con asombro, alento da memoria' o festival Espazos Sonoros inicia este 31 de agosto a súa nova edición. O Convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón, acollerá nesa data unha actuación dos suízos Il Concerto Intempestivo, ...

ABERTO'25 ofrece unha cita nas catro provincias coa arte contemporánea

Das dez galerías que conforman esta iniciativa a metade abren a tempada con artistas de Galicia

  • Por sexto ano consecutivo as galerías de arte contemporáneo reunidas na asociación Contemporánea abrirán a temporada expositiva de forma conxunta consolidando xa como cita ineludible coa arte en Galicia o evento 'ABERTO'. Dez galerías situadas ...

Os 'novos comezos' da pianista Elsa Muñiz

A artista presenta este domingo en concerto o seu álbum de 'pianotelling'

  • O concepto 'pianotelling' é o nome da proposta da pianista Elsa Muñiz (Boiro) para este o seu segundo álbum 'New Beginnings'. Esta idea responde á creación dunha experiencia narrativa sensorial, onde cada peza instrumental vai unida a un relato....

Os novos talentos da arte contemporánea reúnense no Gaiás

Corenta artistas presentarán o seu traballos nesta edición do Encontro de Artistas Novos

  • Corenta creadores e creadoras participan ata o vindeiro día 28 de agosto, no XV Encontro de Artistas Novos EAN15, consolidado foro da arte contemporánea onde presentarán os seus traballos e terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e exp...

A Xunta adxudica axudas para seis residencias literarias no exterior

Xixón, Noruega, Almería, México e Madrid son os destinos dos seis autores beneficiarios

  • O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución das axudas a autores galegos para participar en residencias literarias fóra da nosa comunidade. Este ano os autores e autoras seleccionadas son Ramón Caride, Raquel Senra, Nerea Pallares, ...

O FIOT distingue a Areta Bolado como Xograresa de Outono

A actriz e dramaturga ve recoñecida a súa traxectoria no ano que pecha a súa compañía A Panadaría

  • O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2025 o galardón como Xograresa de Outono a Areta Bolado. Nesta ocasión, as xograresas e xograreses do FIOT decidiron premiar á actriz, dramaturga e directora ...

O filme 'San Simón' estrearase no Festival de San Sebastián

A película recolle o destino das persoas que foron apresadas na illa durante a ditadura

  • A sección 'Made in Spain' do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián acollerá a estrea da longametraxe 'San Simón' de Miguel A. Delgado o vindeiro mes de setembro. ' San Simón' narra a historia deste campo de concentración que se fund...

A pintura do falecido Mauro Leivas pode verse no Museo de Lugo

A exposición estaba xa a prepararse antes do pasamento do artista mindoniense

  • O Museo Provincial de Lugo acolle estes días e ata o vindeiro 30 de setembro a exposición ‘Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras’ con obras do artista recentemente falecido Mauro Leivas (Mondoñedo, 1955-2025). Leivas foi un artista comprometido, pr...

Falece Carlos Taboada, cofundador do colectivo Polo Correo do Vento

O activista cultural, ilustrador e escritor pontevedrés tiña 45 anos

  • Carlos Taboada, fundador co colectivo Polo Correo do Vento e da firma Lela Edicións, falecía en Pontevedra este 13 de agosto de xeito repentino. Taboada, de 45 anos, desenvolveu un intenso labor editorial, como ilustrador e activista cultural en di...

O festival de cine de Ourense acada a súa marca histórica de participación

Case mil cincocentas obras de 89 países preinscribíronse para a 30ª edición

  • O Ourense Film Festival (OUFF) pechou o prazo de preinscrición na súa vindeira 30ª edición o pasado 30 de xullo, e saca peito ao conseguir cifras de participación nunca acadadas. O festival recibiu un total de 1.432 obras, entre longametraxes e ...

Santificarás as festas: O panteón da troula (II)

A creación de santos da música tradicional, na universidade ou nas redes revelan as transformacións que está a sofrer da sociedade galega

  • A aposta pola creación de santos propios amosan en boa medida as mudanzas sociais da nosa sociedade. Dentro dos que naceron como imaxe de diferentes festas populares, atópase como un claro subgrupo aqueles que se vencellan á música tradicional. C...

O Centro Coreográfico coproducirá as montaxes de Colectivo Glovo, iXa e Artístika Movemento

As propostas seleccionadas abordan as crises migratorias, a saúde mental, a emerxencia climática ou illamento na era da hiperconectividade

  • A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia impulsará a coprodución a través do Centro Coreográfico Galego de tres espectáculos de danza. Preto de 55.000 euros será o investimento público para poñer en escena as nova...

Publícase o VIIIº volume do Atlas Lingüístico Galego

Este proxecto comezou nos anos setenta e este volume ofrece 280 mapas con 3.700 variantes léxicas

  • O Instituto da Lingua Galega (ILG) vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o 'Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III)'. Trátase do oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), obra de in...

A Xunta licita por un millón o proxecto e obras do Teatro Cine Fraga

César Portela será o encargado de rematar os traballos xa iniciados por el

  • A Xunta de Galicia ven de licitar por 1 millón de euros (IVE incluído) a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección das obras do Teatro Cine Fraga de Vigo. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Jo...

Agadic convoca axudas para dinamización das salas cinematográficas

As bases inciden no apoio aos espazos situados en poboacións de carácter rural

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases e abre convocatoria das subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial. Estas axudas teñen como finalidade contribuír á permanencia e con...

A escavación de Tralocastro amosa unha rúa pavimentada de catro metros

A terceira campaña está a delimitar tamén outras estruturas deste importante xacemento

  • A terceira campaña de escavacións no Castro de Esmelle, tamén coñecido como Tralocastro, comezou o pasado 14 de xullo, da man da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que promove a Universidade da Coruña (UDC) xunto co Concello de Fe...

Santificarás as festas: O panteón da troula (I)

Por todo o país, un panteón de santas e santos totalmente profanos inspiran e xustifican celebracións do máis variado

  • Existen no noso país unha colección de cultos singulares. Santos non recoñecidos pola Igrexa Católica que contan con romarías, imaxes, procesións, confrarías e mesmo milagres propios. Santa Ferreña, San Torrisco, San Cunqueiro ou San Cutinoch...

Paulo López Muñoz faise co XXVI Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo

Henrique Neira obtivo a bolsa de 3.000 euros para elaborar unha Guía Literaria de Valga

  • O Concello de Valga daba a coñecer este 30 de xullo o fallo da vixésimo sexta edición do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. O historiador lucense Paulo López Muñoz impúxose no certame e levará os 4.000 euros do galardón co seu tra...

O XII Noia Harp Fest homenaxea a Emilio Cao na súa foliada inicial

O encontro dedicado á arpa acolle trece actuacións entre o 30 de xullo e o 2 de agosto

  • Un total de trece actuacións de balde compoñen o programa da duodécima xeira do Noia Harp Fest, que abre este día 30 cunha actuación de Alba Barreiro e Fernando Raña ás 19 horas. Non entanto a grande inauguración será ás 22 horas da man da ...