O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases e abre convocatoria das subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial. Estas axudas teñen como finalidade contribuÃr á permanencia e consolidación dos espazos cinematográficos como lugares de exhibición do audiovisual, recoñecendo a súa importancia como espazos culturais representativos, socializadores e integradores, particularmente ás salas situadas en poboacións de carácter rural. A Axencia Galega de Industrias Culturais destina a este fin 465.000 euros do seu orzamento anual. O orzamento destas axudas incrementa notablemente o das convocadas o pasado ano baixo o epÃgrafe máis amplo de " Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica", que contaban con 380.000 euros dos que repartiron 132.160 euros.
Esta modalidade de axudas dirÃxense a apoiar diversos tipos de proxectos dinamizadores destes espazos, que axuden á captación de público, como campañas de comunicación e márketing; a programación de ciclos ou programas de cine galego (autorÃa e/ou produción galega) asà como a realización de encontros, coloquios ou outros eventos arredor desas producións; levar a cabo programacións especiais ou regulares, de cinema europeo ou de cinema de terceiros paÃses con baixa representación na cota de pantalla anual por número de sesións; campañas de promoción dirixidas especificamente ao público infantil ou xuvenil e ao colectivo de persoas xubiladas. As salas situadas en localidades de menos de 25.000 habitantes, asà como aquelas que ofrezan máis da metade da súa programación de pelÃculas non nacionais en versión orixinal obteñen vantaxes ao pode ver incrementados en 3.000 euros os máximos das axudas a percibir.