A Xunta de Galicia acaba de facer pública a adxudicación de preto de 240.000 euros ao abeiro da primeira convocatoria de subvencións á exhibición cinematográfica, da que resultaron beneficiarias 15 empresas para o desenvolvemento de proxectos en 21 salas de cine de 13 localidades. Dáselle asà resposta á totalidade das propostas e contÃas solicitadas no marco desta nova medida, consensuada co sector, que busca contribuÃr á viabilidade deste tipo de espazos e reducir o impacto da crise sanitaria na súa actividade. O orzamento total destas axudas era de 350.000 euros.
As contÃas, que van dos 7.430 euros aos 39.000, outorgáronse en función do número de pantallas dos cinemas, primando ademais as salas situadas en localidades de menos de 25.000 habitantes e a proxección de filmes en versión orixinal. Serán destinadas especificamente á adaptación dixital e sanitaria dos espazos, a campañas para a captación de públicos e para a promoción do audiovisual galego, ao reforzo da programación de producións galegas e europeas e a accións especiais, como descontos ou convites, dirixidas á infancia, á xuventude e a colectivos profesionais recoñecidos polo seu labor durante a pandemia.
Figuran na resolución publicada hoxe na web da Agadic a sala NUMAX de Santiago, os MInicines Central da Estrada, os Cines Avenida de Caldas de Reis, Cantones Cine, Cinesa Marineda e Cines Yelmo Espacio Coruña e Los Rosales da Coruña, Dúplex de Ferrol, Codex Cinema e Cines Cristal de Lugo, Cines Pontevella de Ourense, Cinexpo Vialia de Pontevedra, Cines Ribadeo, Cinesa As Cancelas de Santiago de Compostela, Cines Salesianos, Gran VÃa, Praza ElÃptica e Yelmo de Vigo, Cines Gran Arousa de VilagarcÃa, Cines Viveiro e Cine Gesma de Xinzo de Limia. As salas de cinema contaron o ano pasado cun programa extraordinario de apoio por importe de 120.000 euros.