A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia acaba de publicar a resolución de concesión da súa convocatoria anual de subvencións a salas privadas de artes escénicas, a través da que contribúe con 200.000 euros ao desenvolvemento da programación dos espazos vigueses Sala Ártika e Teatro Ensalle e dos coruñeses Teatro del Andamio e Sala Gurugú. Os catro repiten por quinto ano consecutivo como adxudicatarios destas axudas, que viron aumentada a súa partida desde 2023 manténdose agora no mesmo orzamento. A través desta liña de apoio, garántese a estabilidade no funcionamento destas salas mediante a cobertura dos custos derivados do mantemento da súa actividade. A convocatoria, xestionada en réxime de concorrencia competitiva, está especificamente dirixida a salas escénicas que non superen as 150 localidades dispoñibles e tiveran realizado un mínimo de 50 representacións durante 2023 o que limita considerablemente a posibilidade de presentarse xa que en Galicia non se crearon nestes anos máis espazos escénicos privados suceptibles de cumprir estas condicións.
Desta volta, a Sala Ártika volveu acadar a máxima puntuación, de acordo coa que recibirá unha achega de 75.000 euros, seguida de Teatro Ensalle cunha subvención de 69.617 euros, Teatro del Andamio con 32.215 euros e Sala Gurugú con 23.168 euros. Para a súa concesión, a comisión de valoración tivo en conta a antigüidade da empresa, a capacidade do local ou a súa pertenza á Rede Galega de Salas en 2023. O proxecto de programación, con aspectos como o número de funcións ou a contratación de compañías galegas, foi outra das cuestións valoradas, así como os plans de financiamento, de comunicación ou de creación de públicos. As contías adxudicadas serán destinadas a gastos vinculados á contratación de espectáculos, servizos técnicos e auxiliares asociados, dereitos de autor, contratación de persoal, comunicación e publicidade, ademais de ata o 20% dos custos indirectos como alugueiros, subministracións ou gastos correntes.