O Consello da Xunta deu luz verde a un novo programa de axudas ás salas de cine que grazas ao Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation EU ve incrementada a súa partida en máis dun 140% respecto a anteriores liñas similares. Se no ano 2021 as axudas da Xunta ás salas cinematográficas chegou a 21 negocios de 13 localidades grazas a un orzamento de 350.000 euros, nesta ocasión están sobre a mesa case 850.000 euros que, segundo a Xunta, "Permitirán sufragar o 80% do custo destas accións ata un máximo de 21.600 euros no caso dos espazos cunha soa pantalla ata os 55.300 euros para os que teñan ata un máximo de 15". As contÃas adxudicadas destinaranse a proxectos que se leven a cabo ata o 20 de abril de 2023 en relación con un ou con varios dos tres eixes preestablecidos: dixitalización e aplicación de novas tecnoloxÃas, medidas de desenvolvemento sustentable e impacto ambiental positivo, captación e fidelización de públicos, asà como innovación tanto na programación como na circulación de producións europeas e en linguas oficiais de España.