
As salas privadas de exhibición cinematográfica foron un dos ámbitos do sector audiovisual galego máis afectados pola crise sanitaria a diferentes niveis: a diminución dos seus ingresos directos tanto nos momentos de peche como nos de limitación da capacidade, a redución das estreas e circulación internacional de filmes e os cambios de hábitos no consumo audiovisual derivados do crecemento das plataformas dixitais durante a pandemia, segundo recoñece o Consello da Xunta. As subvencións serán concedidas en réxime de concorrencia non competitiva, de xeito que as contÃas se distribuirán cuns lÃmites fixos en función do número de pantallas dos cinemas, primando ademais as salas situadas en localidades de menos de 25.000 habitantes e a proxección de filmes en versión orixinal.
Alcance en termos de empresas e emprego
Na actualidade, operan en Galicia 12 empresas exhibidoras de cinema, que dan emprego directo a máis de 250 persoas. Dez delas son entidades independentes con sede social na nosa Comunidade, que xestionan 31 salas e suman 114 pantallas, mentres que as dúas restantes corresponden a empresas de salas comerciais de ámbito estatal.