As axudas a salas de cinema reparten 132.160 euros entre 7 espazos

A convocatoria da Agadic contaba cun orzamento inicial de 380.000

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
As axudas a salas de cinema reparten 132.160 euros entre 7 espazos

A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 20 de xuño a resolución das axudas para "Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica". En total sete espazos deste tipo, xestionados por seis empresas, reparten os 132.160 euros da concesión.

A convocatoria, que contaba cun orzamento inicial de 380.000 euros, recibiu unicamente sete solicitudes, das cales unha desistiu. Das outras seis propostas, a sociedade que xestiona os Multicines Norte de Vigo e os Multicines Compostela foi a que conseguiu unha maior contía na convocatoria, con 31.200 euros para as dúas salas.

Os Codex Cinema de Lugo e os DUPLEX de Ferrol obtiveron cadanseus 24.000, mentres o NUMAX de Compostela sumou 21.600, os Minicines Central da Estrada 21.000, e os Cines Avenida de Caldas de Reis 10.360.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Axencia Galega das Industrias Culturais, Reis, Numax...