Vinte e seis espazos privados e vinte públicos reparten 1,2 millóns de euros da convocatoria das axudas que realizou a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para mellora das infraestruturas de artes escénicas e musicais. A entidade facía pública onte a resolución da primeira xeira destas subvencións, que se financian cos fondos Next Generation e prevén continuar cunha segunda convocatoria a finais deste mesmo ano.
Segundo apunta a Agadic na presentación da resolución "a meirande parte dos proxectos subvencionados céntranse na renovación ou instalación de equipos dixitais de iluminación, vídeo e son, así como no reacondicionamento da caixa escénica ou na mellora dos sistemas de climatización". A contía das axudas oscila entre os 16.000 e os 40.100 euros por proxecto, a cubrir ata o 80% do orzamento no caso das entidades privadas e do 70% nas públicas. A listaxe de beneficiarias inclúe desde casas da cultura, teatros, auditorios e salas de concertos, ata pubs e discotecas, en todos os casos espazos "habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público", segundo as bases.
Na provincia da Coruña as axudas chegaron a 23 espazos: Teatro Rosalía Castro, Teatro del Andamio e salas Garufa, Gurugú, INN e Pelícano na cidade da Coruña, Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro en Ames, Auditorio do Centro Cívico-Cultural de Arteixo, Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes, Casa da Cultura Ramón Martínez López e A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro, Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, Sala La Room de Ferrol, A Ventana de Laxe, Auditorio do Pazo da Cultura de Narón, Teatro Coliseo Noela de Noia, Teatro da Beneficencia de Ortigueira, Sala Guión de Pontedeume, Auditorio do Centro Sociocultural de Rianxo, Auditorio da Casa de Cultura Pintor Lloréns de Sada, Auditorio de Galicia e Sala Capitol de Santiago de Compostela e Casa da Cultura de Vimianzo.
En Lugo recibirán axudas a Sala Bahía de Foz, e na capital o Club Clavicémbalo e as salas Jagger, Morango, Tebras e Zouk. No caso de Ourense, atópanse nesta listaxe o Pub Baranda do Barco de Valdeorras e o Teatro Principal da cidade das Burgas. Pontevedra pola súa banda reúne 15 espazos subvencionados: Teatro Principal da Estrada, Discoteca Malizzia da Guarda, Sala Krazzy Kray de Cambados, Auditorio Municipal de Cangas, Auditorio Municipal de Lalín, Teatro Principal de Pontevedra, Pazo da Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, Sala Ártika, Teatro Afundación, La Fabrica de Chocolate Club, Teatro Ensalle, Circo Navidad, Sinatra Bar e Sala Kominsky de Vigo e Bianco de Vilagarcía de Arousa.