As axudas a salas de artes escénicas repartirán 430.000 euros

A convocatoria da Agadic para estes espazos privados faise bienal por vez primeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A convocatoria de axudas a salas de artes escénicas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) realízase por primeira vez de xeito bienal. O Diario Oficial de Galicia desde 19 de novembro publica a resolución pola que se repartirá un total de 430.000 euros para estes espazos de titularidade privada entre as solicitudes recibidas.

O carácter bienal da convocatoria fai que, aínda que a contía total sexa do duplo do que na pasada convocatoria, na práctica as salas continúen a optar a 215.000 euros por temporada, o mesmo orzamento que na edición para 2025.

Segundo sinala o texto do DOG, "estas axudas teñen por finalidade impulsar e apoiar as salas privadas de exhibición non só na súa programación habitual, senón tamén como espazos de encontro de intercambios de experiencias entre os profesionais que conforman o sector escénico galego". Os fondos cubrirán actividades nestes centros en 2026 e 2027.

A antigüidade de cada sala, a súa capacidade, a súa pertenza á Rede Galega de Teatros e Auditorios, o número de funcións a realizar, a contratación de compañías galegas, os días de apertura ou o cadro de persoal contratado son algúns dos criterios que determinarán a puntuación para obter estas axudas.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais, Rede Galega de Teatros e Auditorios