A Xunta abre a convocatoria de axudas ás salas privadas de artes escénicas

Destina 70.000 euros á convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases das subvencións a salas privadas de artes escénicas para 2018, ás que destina 70.000 euros. Son axudas para "desenvolver programacións artísticas de carácter profesional", fomentando a "estabilidade". As axudas van destinadas a espazos dunha capacidade máxima de 250 butacas. Cada sala pode recibir un máximo de 30.000 euros. Entre os criterios, valorarase a antigüidade, o número de funcións en cartel, a contratación de compañías galegas ou o desenvolvemento de programa complementarios.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais