
O Museo Provincial de Lugo acolle estes dÃas e ata o vindeiro 30 de setembro a exposición ‘Ukiyo-e: de paxaros e sacabeirasÂ’ con obras do artista recentemente falecido Mauro Leivas (Mondoñedo, 1955-2025). Leivas foi un artista comprometido, provocador e profundamente crÃtico coa sociedade, que empregou a arte como ferramenta de rebelión contra as inxustizas e a deshumanización provocada polo capitalismo e a codicia. A súa obra, cargada de simbolismo e intención, denuncia as desigualdades cunha mestura de raiba e sensibilidade, e busca espertar conciencias a través da beleza, a memoria, o ecoloxismo e a introspección. A exposición recolle o seu traballo desde 2018, afondando na súa evolución estética e conceptual, e conecta o mundo flotante do xapón tradicional coas paisaxes e realidades da Mariña lucense, ofrecendo un espazo de reflexión, denuncia e esperanza.
‘Ukiyo-eÂ’ é un termo xaponés que significa “imaxes do mundo flotante” (uki: flotante; yo: mundo; e: imaxe). Este movemento artÃstico, en auxe no Xapón dos séculos XVII ao XIX, permitiu que as clases medias tiveran acceso á arte. Aquela era unha arte que entendÃan e coa que se identificaban, porque a súa vida e ata os seus vicios máis sórdidos, estaban nela. O mundo flotante é un concepto do budismo que define a vida como un tránsito efémero, unha ilusión que hai que transcender para acadar o verdadeiro coñecemento.