Unha exposición conmemora en Ourense dez anos do pasamento de Xaime Quessada

Poderase ver na sala Afundación ata marzo de 2018

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

A Sala de Exposicións Afundación acolle ata o vindeiro mes de marzo de 2018 a exposición Quessada. Sociedade e represión, unha retrospectiva da obra do pintor ourensán máis centrada na denuncia social e nos dereitos humanos. A mostra, promovida pola Fundación Xaime Quessada e Afundación coa colaboración da Xunta de Galicia, inclúe máis de 50 pezas de diferentes estilos procedentes de diferentes entidades. A exposición conmemora o décimo cabodano do escritor. "Con esta mostra preténdese recuperar a memoria das súas achegas estéticas para a proxección cultural e a renovación da arte galega contemporánea. Poderanse ver algunhas das pezas menos coñecidas do artista, pero que amosan o seu compromiso “co mundo e co seu tempo desde unha perspectiva galega e universal", afirman desde a Xunta de Galicia.

A exposición Quessada. Sociedade e represión homenaxea o pintor no décimo aniversario do seu pasamento.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Xunta de Galicia, Ourense, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares