Juan Rivas amosa súas Paisaxes tuneadas

A galería compostela Espacio 48 acolle a exposición ata o 30 de setembro

4/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Ata o vindeiro 30 de setembro a galería Espacio 48, situada na compostelá Rúa do Vilar acolle a exposición Paisaxes tuneadas. O pontevedrés Juan Rivas amosa nesta serie de cadros a súa visión dunha paisaxe do país, "moderna, na multitude das súas representacións, para amosar o significado conceptual e sentimental que o autor lles adxudica", segundo explica o texto de presentación. A mestura de elementos tradicionais e modernos propios do aspecto actual do noso territorio están presentes nas pinturas da mostra, nas que o artista amosa o seu controlo da luz.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Galería, Rúa do Vilar, Santiago de Compostela