O Museo de Pontevedra homenaxea cunha exposición a Juan Carlos Meana

O recentemente falecido artista foi decano da Facultade de Belas Artes

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Museo de Pontevedra. Obra da exposición. "Confidencias del deseo"

Museo de Pontevedra. Obra da exposición. "Confidencias del deseo"

O Museo de Pontevedra, en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, recordará a figura do artista e profesor Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964 – Pontevedra, 2023) cunha exposición monográfica na que se revisa a súa traxectoria a través de arredor de 30 obras creadas entre 1993 e 2018. Meana, que foi decano da facultade pontevedresa de Belas Artes entre 2010 e 2015, faleceu en xaneiro deste ano aos 59 anos de idade. A mostra inaugúrase o próximo xoves 7 de agosto no Edificio Castelao e estará aberta ata o 29 de outubro. "Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas" propón un achegamento ao seu traballo de investigación na condición humana. Empregando linguaxes diversas, como a instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo, Meana traballa cos obxectos cotiáns para indagar na fraxilidade, esperanzas, fracasos e enigmas do ser humano. O comisario da exposición, Alberto Ruiz de Samaniego, explica que "Meana concibía a arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación".

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Museo de Pontevedra, Facultade de Belas Artes, Castelao...