O Museo de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo continúan a súa colaboración cun novo proxecto que ven de abrir as súas portas este mércores: a exposición 'Pregar a pintura'. A mostra reúne 12 artistas que están a cursar ou veñen de rematar os seus estudos de grao na facultade pontevedresa, unidos por un concepto común: presentan obras nas que a pintura se expande máis alá das dúas dimensións do lenzo. O comisario é o artista e doutorando da Universidade de Vigo, Carlos Fer. Segundo o comisario, estas propostas reformulan o concepto de cadro como xanela, "para incorporar linguaxes máis relacionadas coa existencia humana e fuxir da bidimensionalidade inexistente na natureza". Esta nova exposición dá continuidade á liña de colaboración entre o Museo de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, tomando o relevo das exposicións organizadas conxuntamente en anos anteriores.
Participan en total 12 artistas vinculados á Facultade de Belas Artes de Pontevedra: estudantes, graduados e doutorandos: Alberto Ardid, Manuel Balsas, Julio Catalán, Sabela Condesa, Isis Huerga, Tatiana Lameiro, Sol Mussa, Andrea Otero, Sara Piñeiro, Cristina Souto, Goa Vázquez e Ruth Vidal. Entre as propostas que presentan están as transformación dos lenzos nas "Celebracións" de Alberto Ardid e o "Bastidor roto" de Manuel Balsas; tamén as reinterpretacións das cartografÃas e a superficie do territorio nas pezas de Julio Catalán, Isis Huerga, Sol Mussa e Ruth Vidal; o traballo con tecidos de Cristina Souto, Goa Vázquez, Sara Piñeiro e Andrea Otero; e a resignificación da pintura presente, entre outras, nas pezas de Tatiana Lameiro e Sabela Condesa. A mostra poderá visitarse ata o 21 de xullo no claustro do Edificio Sarmiento.