A Facultade de Belas Artes de Pontevedra dedícalle unha exposición á banda deseñada

Recolle obras de antigos alumnos que desenvolven a súa carreira artística neste ámbito

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra dedícalle unha exposición á banda deseñada

A sala Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, en Pontevedra, acolle ata o vindeiro 29 de xuño 9 narrativas gráficas e unha animación desesperada. Esta exposición comisariada por Kiko da Silva reivindica o traballo de antigos alumnos deste centro no campo da banda deseñada.

Obras de Brais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miguel Iglesias, así como polo propio comisario compleméntanse cunha mostra do traballo en animación de Alberto Vázquez, que tamén foi estudante nesta facultade.

Segundo destacou Kiko da Silva sobre o proxecto, a mostra achega "unha pequena pincelada" dun panorama de BD no noso país no que conviven "gran cantidade de estéticas e de procesos creativos" e para o que tivo especial importancia a creación da Facultade de Belas Artes en Pontevedra.

A iniciativa coincide co cambio de coordinación deste espazo cultural, que será responsabilidade de Ignacio Pérez-Jofre logo de tres anos en mans de Chelo Matesanz.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

BD e BBAA

BD e BBAA

O paso pola facultade de Belas Artes marcou, para ben e para mal, moitos dos nosos autores de banda deseñada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Banda deseñada, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Kiko da Silva...