Ana Gesto faise co XIX Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas

A creadora compostelá obtivo o premio de 6.500 euros na convocatoria da Deputación da Coruña

  • A artista visual Ana Gesto fíxose neste 6 de outubro co primeiro premio do XIX Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña seleccionou a obra Intervalo 2024 da creadora compostelá. O cer...

Designan Fotógrafo Histórico a Tino Martínez

A Deputación da Coruña concedeulle esta distinción

  • No marco das actividades paralelas do premio internacional Luís Ksado de creación fotográfica, a Deputación da Coruña homenaxeou no Museo do Pobo Galego, a Tino Martínez, declarándoo Fotógrafo Histórico. Esta designación anual de carácter ...

Yzquierdo Perrín e a arte medieval galega: dez textos para ler

Repasamos a traxectoria intelectual do catedrático de Arte finado onte en Compostela

  • O historiador da arte Ramón Yzquierdo Perrín faleceu este xoves 2 de outubro en Santiago de Compostela. Yzquierdo foi catedrático de Arte na Universidade da Coruña e profesor na Universidade de Santiago. Este venres ás 12 da mañá celebrarase u...

Unha mostra didáctica repasa a produción de videoxogos en galego

A Universidade de Vigo pon na rede este proxecto que visitará institutos da provincia de Pontevedra

  • Dar conta dos videoxogos que están dispoñibles na nosa lingua, tanto por se teren elaborado no noso país como por contar con traducións. Esta é a proposta de O videoxogo en galego , exposición que abría as súas portas este 1 de outubro no IES...

1º Premio do Castro á Xestión Cultural Galega para María Dolores Santos

O galardón outorgado pola AGPXC recoñece a súa traxectoria como técnica de cultura do Concello de Muros

  • A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) ven de crear e outorgar os Premios do Castro á Xestión Cultural Galega. Os galardóns nacen para poñer en valor unha profesión que é, en boa parte, responsable da cultura viva e d...

A danza contemporánea toma A Estrada co festival 6coreógrafas

Celebra a súa quinta edición venres e sábado con espectáculos e actividade formativas

  • O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas celebrará a súa quinta edición os días 3 e 4 de outubro na Estrada cunha ampla programación de espectáculos e actividades formativas que consolidan o encontro como un referente desta discip...

A RAG dedícalle ao mar a súa X Xornada de Onomástica

O encontro desenvólvese este 4 de outubro no Museo de Pontevedra

  • O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle este sábado 4 de outubro a décima xeira da Xornada de Onomástica Galega. A Real Academia Galega organiza este encontro, dedicado nesta ocasión aos nomes do mar, un patrimonio que a entidade advirt...

As axudas a audiolibros reparten 76.400 euros entre 19 títulos

A convocatoria para libros de lectura fácil só distribúe 12.000 euros

  • O Diario Oficial de Galicia deste 30 de setembro publicaba a resolución pola que se distribúen as axudas da Xunta para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil. Dotadas cun total de 150.000 euros, a convocatoria obtivo un importante seg...

Blanca Millán gaña o 1º Premio ao Libro Informativo para a Rapazada

Este novo certame convocado por GÁLIX premia proxectos de textos informativos en galego

  • A convocatoria inaugural do Premio ao Libro Informativo para a Rapazada ven de pecharse coa designación do proxecto gañador. ' Ferramentas básicas para ser artista' é o título do proxecto vencedor, asinado por Blanca Millán (Touro, 1991), que c...

'Decorado' de Alberto Vázquez obtén unha Mención do xurado en Austin

A longametraxe tivo alí a súa estrea mundial e pasará agora por outros certames antes de chegar aos cines

  • 'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez ven de obter un importante recoñecemento na súa estrea mundial no Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.). Dentro da Sección Oficial do certame internacional o xura...

Tamara Feijoo amosa o seu imaxinario artístico na Fundación DIDAC

A exposición 'Breviario' ofrece un percorrido pola súa traxectoria con pezas pouco habituais

  • A Fundación DIDAC en Santiago de Compostela ven de inaugurar a tempada expositiva presentando a exposición Breviario de Tamara Feijoo (Ourense, 1982). Segundo apunta a comisaria da mostra, Mónica Maneiro, nas súas diferentes acepcións un Breviar...

Braga acolle a mostra 40 anos de festivais. Uma possível história da fotografia luso-galaica

Os Encontros da Imagem acolle este proxecto do que participan Manuel Sendón, Xosé Lois Suárez Canal e Xosé Lois Vázquez

  • Repasar a historia da fotografía de Galicia e Portugal a través dos festivais dedicados á imaxe ao longo das últimas catro décadas. Esta é a proposta da exposición 40 anos de festivais. Uma possível história da fotografia luso-galaica , que ...

'US-HER' gaña o premio a mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Festival

O festival vigués despide a súa novena edición cun palmarés internacional

  • A película 'US-HER' de David Salgado Marcote (A Coruña, 1979) ven de gañar o Premio do público á mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Film Festival de Vigo. Esta adaptación libre do conto de Edgar Allan Poe, 'A caída da Casa Usher' é...

A Semana de Cine de Lugo entregou o seus galardóns

O premio do público foi para Las Chicas de la Estación, e a mellor longametraxe galega foi Os espazos en Branco

  • Este sábado 27 de setembro fechaba as súas portas, coa concesión de galardóns, a 47 Semana de Cine de Lugo. No palmarés destaca como Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial a española Las chicas de la estación , de Julieta T...

Morre o investigador e documentalista Carlos Fernández Santander

Con oitenta anos o coruñés tiña 54 documentais rodados e máis de corenta libros de historia publicados

  • Con oitenta anos de idade falecía onte na Coruña o historiador, xornalista, realizador e mariño Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944 -2025). Fai menos dun ano que recollía na súa cidade o Premio Sellier de Cine "pola súa contribución i...

Volven a 'Mover os Marcos' entre xeracións

O festival de cultura crítica celebra en Santiago a súa segunda edición

  • Diferentes espazos da capital galega acollerán, do 1 ao 4 de outubro, unha nova edición do festival de cultura crítica 'Mover os Marcos', con conversas, música e espectáculos en directo, concertos falados, humor e cuestionamento social nun encon...

A Fundación Daniel e Nina Carasso apoia un proxecto galego na convocatoria Componer Saberes

A proposta Mariscando conCiencias para el Futuro é unha das 9 propostas seleccionadas entre 153 aspirantes

  • O proxecto Mariscando conCiencias para o Futuro , que combina ciencia, patrimonio inmaterial e arte foi unha das nove iniciativas seleccionadas pola Fundación Daniel e Nina Carasso dentro da súa convocatoria bianual Componer Saberes . A proposta ga...

Todo listo para o 30 Ourense Film Festival

O OUFF dá comezo mañá con toda a programación das diversas seccións e varios premios honoríficos

  • A 30ª edición do OUFF • Ourense Film Festival xa está a punto de comezar e tras meses de anuncios a organización xa ven de presentar o programa completo co que comezará este venres, 26 de setembro. Dous filmes de cineastas vinculados co festiv...

O programa 'Foco Galicia Danza' impulsará os espectáculos en eventos internacionais

Catro compañías acudirán á Quinzena de Dança de Almada International Dance Festival

  • A Xunta ven de poñer en marcha o novo programa 'Foco Galicia Danza' para impulsar a presenza e a visibilidade dos espectáculos e profesionais do sector en eventos estratéxicos de alcance internacional. Será na 33.ª Quinzena de Dança de Almada I...

O 34 FIOT acollerá a estrea de once espectáculos galegos

O festival de Carballo comeza este xoves e ofrece un punto de partida a estas producións

  • Coa apertura este xoves do FIOT na súa 34ª edición Carballo será o espazo de estrea absoluta dunha ducia de espectáculos da escena galega nas vindeiras semanas. A cita convértese así nun anticipo outonal da temporada teatral con algunhas das m...