Morre o investigador e documentalista Carlos Fernández Santander

Con oitenta anos o coruñés tiña 54 documentais rodados e máis de corenta libros de historia publicados

Con oitenta anos o coruñés tiña 54 documentais rodados e máis de corenta libros de historia publicados
Carlos Fernández Santander Imaxe:Sellier Film Festival
Con oitenta anos de idade falecía onte na Coruña o historiador, xornalista, realizador e mariño Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944 -2025). Fai menos dun ano que recollía na súa cidade o Premio Sellier de Cine "pola súa contribución invalorable ao cine documental en Galicia, con máis de medio ceno de títulos (avalados por premios) e a súa dedicación á preservación da nosa historia, coa intención de que o seu legado cinematográfico sexa coñecido tan ben como o literario, de forma que continúe inspirando a futuras xeracións de cineastas e historiadores".

Recoñecido Investigador, escritor, periodista, mariño e documentalista cinematográfico, a súa morte tivo moito eco na súa cidade e nos medios de comunicación locais, dos que foi colaborador nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego e na TVG e Antena 3. Como historiador e escritor ten unha extensa obra publicada centrada no conflito bélico xurdido do golpe de Estado fascista de 1936, así como do período franquista. Coordinou a reedición comentada de 'Galicia Mártir', obra clave sobre a represión fascista en Galicia. No seu haber literario conta con máis de corenta títulos publicados. A nivel profesional cursou a carreira de Náutica e foi Capitán da Mariña Mercante.