Cúmprense dez anos do pasamento de Chano Piñeiro, realizador da primeira longametraxe galega

Dez anos sen Chano

21/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chano Piñeiro é o realizador que escribiu as páxinas máis decisivas da historia do audiovisual galego. Foi autor da primeira longametraxe, “Sempre Xonxa” e foi o primeiro en explotar o contorno de Galicia como decorado cinematográfico. Onte, a súa viúva recollía en Vigo o premio especial que concede a Academia Galega do Audiovisual que leva o seu nome e que este ano recaeu na súa figura. Hoxe, cúmprense dez anos do pasamento do realizador por mor do mal de Crohn, unha doenza intestinal.

Máis información sobre Chano Piñeiro na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chano Piñeiro, AVG, Academia Galega do Audiovisual, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Lugares