Touriño anuncia a creación do Festival Chano Piñeiro cando se cumpren dez anos do seu pasamento

O audiovisual ten outro festival

17/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Festival de cine Chano Piñeiro”. É o nome do festival que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, acaba de anunciar para o ano 2006 en Vigo. Leva o nome do realizador do primeiro filme en galego e a Secretaría Xeral de Comunicación será a encargada de redactar as bases do festival que será, en palabras de Touriño “o escaparate dos nosos creadores e proxector da nosa imaxe máis auténtica do interior”. O anuncio fíxose ao final dun acto de homenaxe que a cidade de Vigo lle rendeu ao realizador forcaricense.

Máis información sobre o festival no Faro de Vigo e sobre Chano Piñeirona súa ficha

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Chano Piñeiro, Emilio Pérez Touriño, Cine...

Claves

Conceptos
Lugares