A media voz leva o premio do Festival de Documentais de Amsterdam

O filme de Matriuska Producións conta a historia de dúas cubanas afincadas entre Galicia e Suíza

29/11/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival Internacional de Documentais de Amsterdam (IDFA) recoñecía esta semana o filme A media voz, da produtora pontevedresa Matriuska, co premio da súa sección oficial. O galardón ao mellor documental, dotado con 20.000 euros, foi para esta historia de dúas cineastas cubanas, Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández, que viven entre Galicia e Suíza. O documental foi considerado "unha refrescante reflexión sobre a madurez feminina, unha oda á perda, unha celebración da amizade, o desexo e a vulnerabilidade: unha demanda de esperanza e paixón; e un deliciosamente honesto diálogo cinematográfico confirman este máxico, orixinal e arriscado esforzo cinematográfico".

O filme, unha coprodución con Cuba, Francia e Suíza, estrouse neste festival e aborda a problemática destas dúas mulleres a se desenvolver nunha contorna allea e se enfrontan aos problemas da madurez.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Suíza, Cuba, Documental...