1º Premio do Castro á Xestión Cultural Galega para María Dolores Santos

O galardón outorgado pola AGPXC recoñece a súa traxectoria como técnica de cultura do Concello de Muros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
María Dolores Santos Maneiro  Foto: AGPXC

María Dolores Santos Maneiro Foto: AGPXC

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) ven de crear e outorgar os Premios do Castro á Xestión Cultural Galega. Os galardóns nacen para poñer en valor unha profesión que é, en boa parte, responsable da cultura viva e diversa que nos rodea e recoñecer cada ano a traxectoria de figuras destacadas neste eido dentro do país e levan ese nome como homenaxe ao proxecto cultural e empresarial de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias. Nesta primeira edición os premios recoñecerán a traxectoria da María Dolores Santos Maneiro, a técnica de cultura do Concello de Muros, coñecida no sector como "Madó". Para esta elección a AGPXC valora que Santos Maneiro vén traballando desde 1987 na programación de espectáculos ao vivo e obradoiros culturais no ámbito municipal, destacando no seu labor as Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar, caracterizadas pola implicación e participación das entidades sociais e a veciñanza da vila.

A entrega do galardón desta primeira edición vaise celebrar o vindeiro 16 de outubro no Pazo de Mariñán dentro da xornada 'O papel da xestión cultural no fortalecemento da cultura', na que se van presentar recursos e perspectivas laborais para o autocoidado das persoas que traballan nesta área da cultura e na que tamén se traballará sobre a aplicación dos manuais de boas prácticas presentados pola asociación arredor das artes visuais e os espectáculos ao vivo. Nesta xornada tamén vaise explicar con detalle os obxectivos da Enquisa a Profesionais da Xestión Cultural que a asociación está realizando entre o sector coa colaboración da Deputación da Coruña

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O sector cultural ten máis que dicir

O sector cultural ten máis que dicir

A inminente presentación da Estratexia da Cultura Galega da Xunta acende o debate sobre a necesidade dunha maior participación sectorial no deseño das políticas culturais

A cultura ben feita

A cultura ben feita

O Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural amosa novas tendencias na programación cultural do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muros, Isaac Díaz Pardo, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Artes Visuais...