Os xestores culturais reelixen a súa Xunta Directiva

Pilar Portela asume a presidencia da AGPXC durante os vindeiros catro anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Asociación Galega de Profesionais da xestión Cultural (AGPXC) aposta pola continuidade máis que pola remuda na súa dirección para a seguinte etapa. Sen que ninguén entre ou saia, serán os mesmos nomes pero cunha distribución algo diferente de cargos os que compoñan a Xunta Directiva da AGPXC para os vindeiros catro anos. Pilar Portela, do Pazo da Cultura de Pontevedra, será a nova Presidenta deixando atrás a súa etapa como Tesoureira dentro do órgano de goberno. Clara Rodríguez Cordeiro, de 7h Cooperativa Cultural, repite como Vicepresidenta e Carlos Lorenzo como Secretario. O ata agora presidente Alberto García, Técnico de Cultura no Concello de Boiro, segue como vogal, posto no que tamén repiten Tomas Legido e Fatima Teixeiro. Diego V. Meizoso asume a tesourería. A AGPXC representa a persoas que desenvolven a súa actividade profesional principal nos ámbitos da xestión cultural, tanto no sector público como no privado. Entre as súas moitas actividades estivo a realización, en novembro de 2018, da Xornada sobre Políticas Culturais en Galicia, que reuniu no Gaiás a gran parte do sector cultural do país a máis recente xornada formativa sobre a Lei de Contratos do Sector Público aplicada á xestión cultural o pasado 28 de marzo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O sector cultural ten máis que dicir

O sector cultural ten máis que dicir

A inminente presentación da Estratexia da Cultura Galega da Xunta acende o debate sobre a necesidade dunha maior participación sectorial no deseño das políticas culturais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Boiro, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Pazo da Cultura de Pontevedra, Gaiás...