Carlos Lorenzo Pérez é o novo presidente da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural

Substitúe no posto a Pilar Portela desde esta semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Fotografía do Facebook de Carlos Lorenzo Pérez

Fotografía do Facebook de Carlos Lorenzo Pérez

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural escolleu en asemblea este 14 de marzo o seu novo presidente. Carlos Lorenzo Pérez, que desempeña o cargo de Técnico de Cultura do Concello de Carral, será o máximo representante da entidade a partir de agora. Lorenzo substitúe no posto a Pilar Portela, que ocupou o cargo desde o 2019 ata 2022, e abandona o cargo de secretario, que desempeñaba ata o de agora.

Portela foi nomeada o pasado mes de febreiro como coordinadora do Departamento de Música e Danza da Axencia Galega das Industrias Culturais. A asemblea da Asociación agradeceu o traballo que desenvolveu no seu mandato, así como o de Fátima Teixeiro, tesoureira, que tamén cesou nas súas funcións no colectivo.

Lorenzo, nado en 1968, ten unha ampla carreira no campo da fotografía e do audiovisual, con obras como o libro No interior do abandono ou o documental sobre poesía Vértice de versos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Profesionais da Xestión Cultural, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Concello de Carral, Fotografía...