Alberto García é o novo presidente dos xestores culturais

Substitúe a Julio Gómez, de Sinsal

23/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Alberto García, técnico de cultura do concello de Boiro, é o novo presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. García substitúe a Julio Gómez, de Sinsal, que viña exercendo o cargo durante os ú ltios tres anos. O resto da xunta directiva queda constituída por Cristina R. Labandeira, do Cable Inglés (vicepresidenta), Carlos Lorenzo, técnico do concello de Carral (secretario), e Julio Gómez, tesoureiro. Os vocais son Desirée Vidal, Suso Amado e Marcos Lorenzo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Marcos Lorenzo, Concello de Boiro, Concello de Carral...