A Axencia Galega de Industrias Culturais publica hoxe no Diario oficial de Galicia o acordo para a contratación de Pilar Portela como coordinadora do Departamento de Música e Danza da Agadic. O posto de nova creación na recente remodelacións dos estatutos da entidade substitúe á dirección do centro Coreográfico Galego engadindo ademais as responsabilidades de coordinación das polÃticas sobre a industria musical. O proceso para a provisión do posto comezou o mes de agosto do pasado ano e tras as súas fases de valoración de méritos e entrevista, Pilar Portela acadou a máxima puntuación en ambas, o cal xa era coñecido en decembro de 2021. Portela, licenciada en EconomÃa pola USC e Mestrada en Administración pública local pola mesma universidade, é a actual presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, ademais exerceu o cargo de directora do Pazo da Cultura de Pontevedra durante case dúas décadas.
Esta praza, anteriormente vencellada só á dirección do Centro Coreográfico Galego, é unha praza de persoal directivo que, desde a recente remodelación dos estatutos da Axencia, engade ás súas tarefas relativas á danza e de dirección do Centro Coreográfico Galego aquelas referidas tamén nos mesmos termos de promoción e fomento do sector musical galego. A persoa que ostenta o cargo deberá tamén impulsar as relacións entre os distintos axentes culturais nestes sectores e as alianzas con outras entidades de fóra da Comunidade. Nela recae, asà mesmo, a execución do Plan Integral para a Danza, actualmente en elaboración. No relativo ao centro Coreográfico a praza viña estando sen dirección desde o cese de Mercedes Suárez en outubro de 2019. Arestora Agadic segue sen abrir o proceso de provisión do outro posto de dirección da axencia que segue sin ocupar, o da Filmoteca de Galicia, vacante desde a xubilación de Guillermo Escrigas, tamén no 2019.