A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade ven de anunciar previamente a publicación, mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), da convocatoria e as bases do procedemento de selección para o posto de coordinación do Departamento de Música e Danza da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Esta praza, anteriormente vencellada só á dirección do Centro Coreográfico Galego, é unha praza de persoal directivo que, desde a recente remodelación dos estatutos da Axencia, engade ás súas tarefas relativas á danza e de dirección do Centro Coreográfico Galego aquelas referidas tamén nos mesmos termos de promoción e fomento do sector musical galego. A persoa que ostente o cargo deberá tamén impulsar as relacións entre os distintos axentes culturais nestes sectores e as alianzas con outras entidades de fóra da Comunidade. Nela recaerá, asà mesmo, a execución do Plan Integral para a Danza, actualmente en elaboración.
As bases que se coñecerán mañá especifican tanto os requisitos en canto á nacionalidade, residencia, idade, titulación universitaria ou dominio do idioma galego, como o baremo dos méritos e as diferentes fases en que consiste este proceso de provisión. As persoas candidatas deberán reunir os requisitos relacionados, ademais de achegar un currÃculum vitae pormenorizado para a avaliación dos méritos relativos á súa formación, traxectoria e experiencia na xestión en institucións públicas ou privadas dentro destes ámbitos. Debe presentar, asà mesmo, unha proposta de liñas de actuación a alcanzar e desenvolver polo Departamento. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 dÃas hábiles contados a partir do dÃa seguinte da publicación do anuncio no DOG. Agadic aÃnda ten pendente tamén abrir unha convocatoria para a dirección da Filmoteca de Galicia, antigo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).