A ConsellerÃa de Cultura ven de oficializar os anunciados cambios estatutarios da Axencia Galega de Industrias Culturais coa súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia. O documento recolle algunhas modificacións respecto ás avanzadas no proxecto de decreto, que foron protestadas desde as asociación profesionais do sector das artes escénicas e musicais en decembro de 2019 reclamando a súa paralización e a apertura dun proceso de diálogo co sector. Finalmente o texto publicado hoxe mantén a protestada unificación das competencias sobre música e danza nun único departamento e baixo unha única coordinación, que exercerá a dirección do Centro Corográfico Galego; tamén inclúe a adscrición orgánica dentro do Departamento de PolÃtica Audiovisual do Centro Galego de Artes da Imaxe e o seu cambio de denominación a Filmoteca de Galicia. Asà mesmo mantense a creación dun Departamento de Coordinación Xeral e Xerencia e a figura de Xerente da AGADIC.
O que desaparece deste decreto final respecto ao proxecto presentado en decembro de 2019 son os cambios relativos ás funcións do Coordinador do Departamento de Produción Teatral e director do Centro Dramático Galego. Sobre o posto, naquel momento vacante e pouco despois xa ocupado por Francisco Núñez tras un proceso aberto de selección, o proxecto de estatutos incluÃa unha serie de modificacións polas que o titular da coordinación pasarÃa de ter entre os seus cometidos o de "Decidir o plan de programación anual do CDG e, en particular do Salón Teatro" a "Propoñer" sobre os mesmos, asà mesmo tamén desaparecÃa no proxecto a función de "Exercer a representación ordinaria do Centro". Estas propostas de cambio, que desta volta non se elevan á modificación estatutaria, causaron algunhas das principais protestas por parte de colectivos como a AAAG e ATG que vÃan nelas a perda de autonomÃa e mesmo a non obrigatoriedade de facer produción propia do CDG. O propio Fran Núñez, en declaracións a este medio unha vez no posto de coordinador, só vÃa nestes cambios unha "discusión terminolóxica" á que sacaba importancia. O decreto e os cambios que implica entrarán en vigor aos vinte dÃas da súa publicación, polo cal será a partires dese momento cando a Axencia poida comezar os trámites para cubrir os postos de coordinación dos departamentos de Audiovisual e Música e Danza.