Repasar a historia da fotografía de Galicia e Portugal a través dos festivais dedicados á imaxe ao longo das últimas catro décadas. Esta é a proposta da exposición 40 anos de festivais. Uma possível história da fotografia luso-galaica, que se pode ver ata o vindeiro 2 de novembro no Mosteiro de Tibães, dentro do festival Encontros da Imagem.
Os galegos Manuel Sendón, Xosé Lois Suárez Canal e Xosé Lois Vázquez, todos eles veteranos na organización de eventos deste tipo, comisarían a proposta en colaboración co portugués Rui Prata. A mostra, que segue unha liña de traballo do festival sobre a súa propia historia, céntrase na relación desta cita con outras propostas similares.
Así, repásanse as ligazóns cos extintos encontros Fotobienal de Vigo e o Outono Fotográfico de Ourense. Segundo apunta a presentación da iniciativa "em conjunto com os Encontros, estes três eventos -distintos nas suas identidades mas complementares nos seus propósitos- contribuíram para delinear uma cartografia singular da fotografia no noroeste peninsular".
Así, "o mapeamento historiográfico aqui apresentado, construído pelos seus cofundadores e diretores históricos, procura dar conta das convergências e divergências que moldaram esta possível história". Esta edición dos Encontros da Imagem conta co tamén galego Vítor Nieves como responsable da dirección artística.