Máis dun centenar de exposicións conforman o XXIX Outono Fotográfico

A cita coa fotografía concentrará na provincia de Ourense a uns 500 artistas

25/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Xosé Lois Vázquez e Xacobe Meléndez recolleron o papel desenvolto por Benito Losada, finado o pasado mes de febreiro, na organización duns dos encontros máis destacados da provincia ourensá: o Outono Fotográfico. A XXXIX cita coa fotografía arrinca hoxe cunha exposición “Homenaxe da Agrupación fotográfica Ourensá a Benito Losada" e que dará acubillo a un centenar de exposicións que agruparán a obra duns 500 artistas. Entre a programación deste ano haberá concurso como a “Foto-poesía-Móbil” do Concello de Celanova ou o “Vixiando” do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, ademais de cursos (iniciación, fotografía en blanco e negro ou imaxe dixital) e outras actividades.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

23/11/2011

A imaxe da nosa fotografía

O Outono Fotográfico enfróntase a unha xeira de transición logo do falecemento de Benito Losada

29/10/2008

Fotografía de outono

Máis de cen autores participan no Outono fotográfico, o festival da imaxe de Ourense

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Exposicións, Outono Fotográfico, Ourense...