Comeza o Outono fotográfico para achegar as imaxes á provincia de Ourense

As múltiples actividades son coordinadas pola Casa da Xuventude de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É o evento fotográfico da temporada por excelencia. Exposicións individuais, colectivas, cursos, conferencias e, sobre todo, moita fotografía. Hoxe presentouse na Casa da Xuventude de Ourense este encontro que segundo o seu director, Benito Losada "exhibirá a obra de máis de cen creadores que inclúen nomes destacados da fotografía europea e española canda a novos valores que inauguran unha mostra por primeira vez". Losada destaca outra característica a maiores, que é o tratarse dun evento que conta con máis setenta entidades organizadores entre as que hai empresas grandes como a Fundación Caixa Galicia con pequenas asociacións de veciños.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Fotografía de outono

Fotografía de outono

Máis de cen autores participan no Outono fotográfico, o festival da imaxe de Ourense

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Casa da Xuventude de Ourense, Fotografía, Outono Fotográfico...