O seu nome está vencellado a algunhas das iniciativas culturais máis destacadas e lonxevas do paÃs. O Outono Fotográfico, a Bienal de Caricatura ou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, entre outras, contan cun común denominador composto pola Casa da Xuventude da Cidade das Burgas e mais o seu director. Hai trinta anos, Benito Losada accedÃa ao posto coa idea de que era un destino provisorio. Agora, logo de tres décadas, reflexiona con nós sobre a evolución deste proxecto e do movemento cultural do paÃs.
¿Como chegaches ao posto de director na Casa da Xuventude?
A verdade é que foi algo case casual. Eu estaba no Ministerio de Cultura, que se acababa de crear, cando a transición. Naquel momento as asociacións xuvenÃs polÃticas reclamaban o control do patrimonio xuvenil: casas de xuventude, campamentos, residencias e instalacións semellantes. Estaban as Xuventudes do PSOE, do Partido Socialista de Tierno Galván, e de xeito hexemónico, as Xuventudes Comunistas. En Ourense constituÃron o que chamaban Consello Municipal da Mocidade, e chegouse a uns acordos nos que, sen lles ceder a titularidade, que era patrimonio do Estado, empregábase a Casa de Xuventude dun xeito aberto. Eu estaba na delegación de Cultura, tiña daquela trinta anos, e propuxéronme desde o propio Consello, vendo que nos podiamos entender. Cando me dixeron de ir aceptei pensando que serÃan dous ou tres anos. A miña formación era de mestre, pero nunca exercÃn e sempre me movÃn no ámbito xuvenil.
Atopamos entón un director novato que ademais se enfronta a unha situación única a nivel estatal, a xestión compartida dunhas instalacións con diferentes colectivos de mocidade, fundamentalmente polÃticos. ¿Como se organizou ese sistema?
Co sistema que quedou eu son o director da casa, pero a maiores hai un presidente elixido democraticamente polos socios, con campañas eleitorais e mesmo eleccións moi reñidas. Para chegar a este modelo, que segundo sei non existe en todo o Estado, houbo que pasar por moitas xuntanzas e moitas negociacións. Na actualidade calquera persoa de entre 14 e 30 anos pode facerse socio, ben sendo dunha asociación ben coma independente. Os grupos contan con representación na directiva segundo os socios cos que conten, e os socios independentes poden votar nas diferentes eleccións. Logo hai unhas competencias que son desa directiva e outras propia do persoal da Casa. Segundo os estatutos, todo o relacionado coa programación de actividades é competencia dos socios, e é a directiva a que reparte os recursos. Da Casa en si depende unicamente o funcionamento técnico, como cumprir horarios, garantir de todo está limpo, pagar viaxes ou xestionar pagos. Desde a dirección poderÃa darse a situación de que eu queira facer algunha actividade que propoñen desde a Dirección Xeral de Xuventude, da que dependemos. E se a directiva da Casa non quere, eu podo mantela pero pagándose á parte e axustándome a que haxa espazo para facela. As actividades da directiva teñen prioridade para empregar os espazos e mais os cartos.
“Agora estamos nun momento de asociacionismo moi cativo”
¿Mudou moito a participación das asociacións na casa desde aquela?
Mudou totalmente, ao igual que a sociedade. Hoxe non hai o activismo polÃtico que habÃa daquela. Nestes trinta anos houbo etapas moi distintas con predominios de diferentes grupos, máis culturais ou máis polÃticos, e agora estamos nun momento de asociacionismo moi cativo. O que hai é outro tipo de asociacionismo, especialmente vencellado ás ONGs, que está mellor do que o asociacionismo mais clásico, o xuvenil e cultural. Penso que a cousa non é só nosa, e que está mal en xeral. Houbo épocas nas que a xuntanzas do Consello de Xestión da Casa convocaban ata corenta persoas que representaban diferentes colectivos e intereses, e hoxe ata custa reunir sete ou oito que veñan.
Lonxe de limitar o seu papel ao de mediador entre as iniciativas que xurdÃan entre os colectivos da Casa, Losada caracterizou as súas tres décadas de traballo por un intenso labor de dinamización e de propostas, actuando coma un auténtico xestor cultural que asociou o seu nome a algunhas das iniciativas máis veteranas do panorama galego.
¿Como foi a túa formación na xestión cultural?
Sempre estiven preocupado por esta faceta, e apunteime a calquera iniciativa, curso ou xornadas que houbese. Penso que estiven na maior parte das actividades formativas que houbo en Galicia, ou na fundación da asociación de técnicos de cultura Land Rover. E coma min boa parte do persoal da casa, que comparte esta preocupación e procurabamos estar en todos os sitios. Asistimos aos encontros anuais do Instituto da Xuventude en Xixón, participamos en intercambios internacionais, e fomos collendo unha formación. Ademais, como Ourense non ten moitos espazos que permitan facer xestión cultural, convertémonos case nunha casa de cultura.
¿Que mudanzas percibes nese campo?
Evidentemente mudaron moitas cousas pero non só na animación sociocultural. Hai que pensar que cando eu comecei non existÃa a Xunta de Galicia, e aÃnda que quedan cousas por facer, a cousa mudou para ben. Hai cuestións pendentes, polo menos no que se refire ao persoal. A cantidade de xente que traballa nisto é moita mais, pero ten un perfil moi esvaÃdo e non hai unha profesionalización moi regular. No campo da polÃtica cultural houbo moitas mudanzas, e en moitos casos tivemos que padecer as decisións. A fin de contas eu traballo na base, que onde se sofren eses posibles desvarÃos. De calquera xeito, a polÃtica cultural non foi unha das grandes preocupacións de ninguén, aÃnda que houbo iniciativas en todas as épocas. Nos primeiros tempos da Dirección Xeral de Cultura da Xunta houbo moitas iniciativas no campo da imaxe que logo desapareceron, e deron paso a tempos peores.
¿Como te viches involucrado en iniciativas tan destacadas coma o Outono Fotográfico ou a Bienal de Caricatura?
Foi dun xeito totalmente natural. Cadrou estar no sitio axeitado no momento oportuno sen buscalo. O Outono Fotográfico, por exemplo, nace no 83, nun momento en que comezaban festivais de fotografÃa en lugares coma Barcelona ou en ParÃs, e pareceunos que era o intre de tirar adiante unha actividade deste tipo. De xeito semellante, as Xornadas de Banda Deseñada saÃron porque levabamos uns anos a traballar co tema, facendo mostras e apoiando a publicación de fanzines, pero chegou un momento no que se produciu unha eclosión e facÃa fallar facer unhas xornadas. E o mesmo aconteceu con iniciativas coma o Maio Xove ou a Bienal de Caricatura.
“Para a continuidade de moitas cousas é bo ter unha perspectiva e manter unha serie de iniciativas no tempo”
¿Pensas que ti actuaches coma elemento de continuidade nestas iniciativas?
Estar trinta anos nun posto é malo, sobre todo para o posto, porque un xa non ten o mesmo entusiasmo nin as ideas. Vaste queimando, aÃnda que para a continuidade de moitas cousas é bo ter unha perspectiva e manter unha serie de iniciativas no tempo. O mesmo se tivese mudado hai dez anos o equipo directivo mudaban algunhas iniciativas. Por exemplo, agora estamos a preparar a XXV edición dun certame de contos, e o mesmo se houbese outra xente habÃa un certame de poesÃa no seu lugar. Algunhas cousas non chegaron a callar e quedaron atrás. Asà de entrada non lembro moitas, fixérase unha mostra de tecido artesán durante dous anos que Ãa de marabilla e tiña o patrocinio de Industria garantido. Pero a xente que as movÃa deixou de estar, e abandonouse.
¿Esa falta de implicación de colectivos implicou algunha mudanza no teu traballo?
Estamos preocupados pola situación e tentamos facer ofertas para atraer xente, como facer que o carnet da Casa funcione coma un Carnet Xove local. Outra preocupación de sempre foi a diferenza entre o número de rapaces e de rapazas. Sempre houbo o dobre de homes o que nos parece incongruente coa realidade social e estudantil, poida que sexa porque hai actividades, coma o fútbol ou o xadrez, que atraen fundamentalmente homes. Malia a que haxa poucos colectivos, na casa algo que facemos de sempre é implicar xente. No Outono Fotográfico ou en Maio Xove colaboran máis de medio centro de colectivos e institucións. Como vimos que eramos pouca cousa vimos que con esa unidade podiamos facer máis.
“Hai cousas que non se poden abordar desde a Casa da Xuventude e que son axeitadas para unha empresa ou asociación”
Para alén do traballo na Casa da Xuventude, tes participado noutros proxectos culturais. Desde asociacións á empresa de xestión Aira ou, máis recentemente na editorial Difusora. ¿Qué te achegan estes proxectos?
Nestas iniciativas o que fago sempre é algo de animación, a parte técnica e empresarial é a que a que menos toco. Son iniciativas complementarias porque hai cousas que non se poden abordar desde a Casa da Xuventude e que son axeitadas para unha empresa ou asociación porque precisan dunha infraestrutura profesional. A profesionalización é fundamental para unha cultura, se un sector empresarial potente detrás non ten nada que dicir. Por sorte hoxe hai un monte de pequenas empresas que se moven moi ben e están a tirar cousas adiante.
¿Que proxectos tes agora?
Ata a xubilación quedan cinco anos. E a verdade é que unha das miñas teimas foi sempre buscar outro sitio, e é no que sigo, aÃnda que cada vez é mais difÃcil. E non tanto por min como pola propia Casa. Seguramente cómpre un novo director ou directora. O normal será que me acabe xubilando aquÃ, e agardo non destrozar moito as cousas no que queda. A nivel de proxectos non se pode adiantar nada, moitas veces xorden iniciativas cando menos se agardan. O mesmo chegan uns rapaces e propoñen algo e se vai argallando algunha actividade. Agora mesmo acabo de rematar a Bienal da Caricatura, que dá bastante choio, e estou disposto a non ter ningunha iniciativa nunha temporada.