O Outono fotográfico esténdese por toda Galicia na súa vinte e tres edición

Estampas de outono

25/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
57 exposicións (36 individuais e 21 colectivas) espalladas por quince cidades e vilas de toda Galicia forman o programa da XXIII edición do Outono Fotográfico. O evento está promovido pola creadora da iniciativa, a Casa da Xuventude de Ourense, que pretende converter a fotografía na protagonista dos meses de outubro e novembro. Ademais das exposicións, tanto de novos creadores como dos gañadores das bolsas, terán lugar os habituais cursiños e proxeccións de cinema, así como percorridos culturais e actividades de divulgación fotográfica.

Todo o programa no web do Outono Fotográfico

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Outono Fotográfico, Exposicións, Cine, Fotografía...