A convite do festival luso Encontros da Imagem, a Asociación Outono Fotográfico leva a Braga unha mostra historiográfica na que, alén de falar da historia e intrahistoria do festival galego, mostra materias editados polo festival ao longo de 25 anos.Outono Fotográfico 1983 – 2017 é a exposición de destaque na programación desta edición do festival portugués, que estará no Mosteiro de Tibães en Braga desde este domingo dÃa 23 até o 28 de outubro. A mostra, curada polo tándem Xosé Lois Vázquez & VÃtor Nieves, que se unen por primeira vez nunha mesma curadorÃa, fai un repaso a través da gráfica cos carteis dos 35 anos, os programas, os catálogos editados asà como libros da colección OF, ou pezas escultóricas do propio X. L. Vázquez expostas por primeira vez e que foron protagonistas da imaxe de cada ano. A mostra complétase coa mediametraxe MakinOF, un muro-memoria cos nomes dos 1.286 autores e autoras que teñen fotografÃas editadas nos catálogos entre 1983 e 2016 - non se puido incluÃr nada do catálogo de 2017 xa que non se puido editar e foi unha das frontes de desencontro da OF co Concello de Ourense que levou á súa finalización- e até algunhas das lonas empregadas en edificios e museos de Ourense. "Era necesaria esta exposición para visualizar a dimensión do traballo feito e para rendir homenaxe ás autoras e autores, ás entidades colaboradoras e patrocinadoras, a Benito Losada e á equipa do festival; 35 anos de historia interrumpidos de forma unilateral, opaca e desleal polo goberno local de Ourense que incumpriu os seus compromisos orzamentados co festival" relata Xosé Lois Vázquez, ex-director do OF.
Ademais, os Encontros da Imagen inaugurará outras tres exposicións que o Outono Fotográfico Ãa programar en espacios galegos e que ao non poder celebrarse so poderán verse en Braga, como é o caso das exposicións de Tamara Wassaf e o último Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea. Tamén se poderá visitar unha grande exposición colectiva de 14 autoras e autores galegos que, curados por Xosé Lois Vázquez, traballaron baixo a premisa das Ocultacións e Inexistencias. "É o momento de recoñecer o traballo feito en prol da fotografÃa polo Outono Fotográfico, un traballo para a Galiza pero con resonancia internacional" di Carlos Fontes, o director dos Encontros da Imagem que asegura «que o Outono Fotográfico non pode desaparecer, é un modelo de lonxevidade e de boas prácticas, serÃa unha perda irreparábel».