A película 'US-HER' de David Salgado Marcote (A Coruña, 1979) ven de gañar o Premio do público á mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Film Festival de Vigo. Esta adaptación libre do conto de Edgar Allan Poe, 'A caída da Casa Usher' é a quinta curtametraxe de David Salgado, baixo o seu propio selo creado en 2012, Dama Negra Films. O festival vigués de cine de terror, ciencia ficción e fantasía pechou a súa novena edición proclamando o seu palmarés de premiados con alcance internacional. O Gran premio desta edición vai para a curta polaca de animación 'Martyr's Guidebook' de Maks Rzontkowski.
O Premio Ben Feito á mellor realización foi nesta ocasión para a curta franco-italiana en animación 'stop-motio' 'Playing God' de Matteo Burani. Mentres que o recoñecemento ao mellor guión, Premio Ben Dito, foi para o checo Jan Saska polo traballo en 'Hurikan', temán de animación. A cinta suíza 'TV or The Disturbance on Forest Hill Road ' de Frederic Siegel acadou o Premio Neuronas Fritidas que o certame dá á curtametraxe máis turbia ou extrema. O novo Premio Luís Barboo, en homenaxe a un secundario vigués, e que vai para a actriz ou actor secundario "que máis pilla", receu no catalán Xavi Roqueta polo seu traballo en 'Mu', de Javier Méndez. Xa no apartado de filmes infantís o Gran Premio Pequefreak 2025 foi para a cinta estoniana 'The Mystery Of Missing Socks', mentres que o público cativo deu o seu Premio Olimpo á belga 'Eureka!'.
O público tamén levou a cabo outras seleccións que aparecen no palmarés. É o caso do Premio Escarállome á mellor curtametraxe de humor, que foi para 'Pobre Marciano', do alacantino Álex Rey; ou o Premio Arrepío á mellor curtametraxe de terror, que para a produción estadounidense 'Dream creep' de Carlos A.F. López. A curta máis aplaudida e que leva o Premio Olimpo dos Freaks foi neste caso 'Humanity', unha curtametraxe en stop-motion da realizadora checa Tereza Kovandová. O palmarés complétase con varias mencións especiais, tanto por parte do xurado coma do público.