Cármen Méndez segue aumentado o palmarés de 'Pura'

A curtametraxe acada tres galardóns no Aguilar Film Fest

A curtametraxe acada tres galardóns no Aguilar Film Fest
Carmen Mémdez recolllendo o premio en Aguilar Film Fest Fonte: Carmen Méndez. Facebook
A realizadora e actriz Cármen Méndez (Neira de Rei, 1979), segue a recoller recoñecementos á súa primeira curtametraxe como directora, 'Pura'. A 36ª edición do Festival Internacional de Cortometrajes de Aguilar de Campoo, Aguilar Film Fest, ven de engadir ao palmarés desta produción tres galardóns. A cinta acadou o favor dos asistentes alzándose co Premio Águila de Oro do Público, ao que suma o Premio do Xurado Oficial a Mellor Montaxe e o Premio da Asociación "Tejiendo Cambios" á Mellor curta nacional dirixida por unha muller. Neste traballo, Carmen Méndez estréase na dirección facendo unha viaxe ás súas orixes, na que acompaña a súa nai e a súa aboa nun percorrido polos recordos que serve de reconciliación coas súas raíces .



En palabras da realizadora "Pura naceu da necesidade de mirar cara dentro, de recoñecerme, de recordar(me). E volvín á casa. Sabía que era alí onde estaba todo, con elas. Collín unha cámara e gravei a miña nai e a miña avoa. O seu retrato é tamén o meu. Quería reconciliarme co lugar e cos recordos… E acabei chea de amor. Todo o proceso desta curta foi tan potente, duro e fermoso ó mesmo tempo, que nunca o esquecerei".O resultado está a acumular recoñecementos desde a súa estrea en Cineuropa, onde levou o Premio na sección Supernova, dedicada a cineastas emerxentes galegas; posteriormente nas xornadas Xociviga acadou o Premio XENTE DE AQUÍ á mellor peza galega. A cinta participa este días en Bogotá,(Colombia) dentro da sección Especial Nexos Femininos do 22 Bogoshorts. Méndez é ademais unha recoñecida actriz en series y películas y mantén espectáculos escénicos en directo.