O festival Internacional de curtametraxes Xociviga, do Carballiño, herdeiro das históricas Xornadas de Cine e Vídeo puxo o remate da súa edición número 41, presentada como a de reinicio e enfocada directamente no formato curto. O palmarés deixa sete filmes destacados de entre os corenta títulos de máis de trinta países que pasaron polo festival. O premio á mellor peza galega. Premio XENTE DE AQUÍ. foi para 'Pura' da realizadora e actriz Carmen Méndez (Neira de Rei, 1979), "por construír a través do diálogo entre a cámara e o suxeito un espazo de intimidade que afonda nas relacións interxeracionais cunha ollada feminina", segundo o xurado. O Premio XENTES do festival foi para a curtametraxe chinesa 'A summer's end poem' do realizador Lam Can-Zhao, por, en palabras do xurado "retratar a tensión entre imposición e vontade a través dunha proposta formal e narrativa orixinal e desenfadada". Neste apartado houbo tamén unha mención de honra para o filme holandés 'Beutiful men'.
A curtametraxe francesa 'Volcelest' de Éric Briche acadou o Premio do Público das Xociviga cunha historia sobre a supervivencia e conflito entre a natureza e a vida humana. Na sección competitiva Xénese, dedicada a novos creadores o premio foi para a cinta española 'Las pardas' , de Simone Sojo por "conformar unha consistente exploración da súa linguaxe cinematográfica". Mereceu unha mención de honra 'La niña tatuada', de Elisa Lanzas. Finalmente foi un videoclp galego 'Esto es Sunwalk' de Javi Sega e Enrique do Rosario o que levou o premio nesta sección de pezas musicais grazas á súa capacidade de mobilización en redes sociais, chegando a acadar 870 votos a través de historias de Instagram. O xurado estivo integrado por Lucía Martínez, Bruno Arias e Matilde Rodríguez.